viernes, 30 de octubre de 2009

Alumnos 3º ESO 2009-2010



Somos Iago, Julen, Diego e Oscar, os alumnos de Cultura Clásica de 3º ESO-B.


Eliximos esta asignatura porque nos pareceu interesante, sobre todo a mitoloxía e outras cousas do mundo grecorromano. Alguns non sabiamos moi ben onde nos metiamos, pero a estas alturas descubrimos xa que parece fácil e aprendemos cousas curiosas sobre as orixes da nosa cultura.

Esperamos aprender disfrutando como ata agora.

SAUDOS A TODOS E PARA O ANO QUE BEN APUNTÁDEVOS.

Alumnas/o 2º Bacharelato 2009-2010






Salve!!

Somos Andreea, Sandra, María, Tamara e Josema, os alumnos de Latín de 2º de Bach.

Comezamos a estudar Latín por razóns varias: a algúns non se nos daban ben as matemáticas, outros estabamos interesados nas culturas antigas e outros necesitabámolo para estudos posteriores... Pero hoxe en día estamos todos nesta clase porque aprendemos a apreciar antigas culturas e os profesores tanto o de este ano como a do ano pasado souberon influirnos positivamente e aprendéronnos a valorar ditas culturas.


Sapere aude.

jueves, 29 de octubre de 2009

Alumnos 1º Bacharelato 2009-2010


Somos José Luis e Miguel, os dous alumnos de 1º bacharelato de latin e grego, asignaturas polas que nos sentimos atraídos e que nos parecen moi interesantes. Pero non podemos esquecer que ó principio collímolas para non ter matemáticas, asignatura que se nos da bastante mal. Logo descubrimos que realmente nos gustaban estas dúas asignaturas. Os temas que máis nos atraen son os de cultura, porque nos interesa saber como era a vida dos nosos antepasados na sociedade romana e grega.

E xa para rematar animamos a todos os alumnos interesados a elixir Latín e Grego.

Un saúdo para todos os visitantes.




lunes, 19 de octubre de 2009

Presentación

Aínda que con algo de retraso, dámosvos desde aquí a benvida a tod@s @s que estades matriculad@s nas asignaturas de clásicas neste curso 2009-2010.
Este blog nace coa intención de ser un medio de comunicación máis para os alumnos de clásicas (e non só de clasicas) do IES San Mamede - Maceda. Pretende ser tamén un complemento e un apoio das nosas clases, que nos permita saír da rutina tradicional e nos familiarice coas novas tecnoloxías. É sobretodo un blog dos alumnos, creado para vós, e, por tanto, tedes que ser vós os que lle vaiades dando forma.
Nel terán cabida todos aqueles temas do mundo clásico que teñan que ver co desenvolvemento das nosas materias.
O nome deste blog, Νihil satis (Μηδὲν ἄγαν), "nada en exceso", responde a unha das máximas, xunto co Νosce te ipsum (Γνῶθι σεαυτόν), "coñécete a ti mesmo", que conformaban o ideal de vida dos antigos gregos e que se atopaban gravadas no santuario de Delfos.