jueves, 4 de febrero de 2010

"En busca de una patria", 4º B

Como xa falamos na aula, as alumnas de latín de 4º ESO - B tedes que ler para esta II Avaliación a obra En busca de una patria (La historia de la Eneida) de Penelope Lively.

Unha vez lido, hai que respostar ás cuestións que aparecen na Guía de lectura ó final do libro (pero non ás de Personajes y Temas).

Debedes entregar as vosas respostas a través de correo electrónico o venres 12 de marzo (data tope). Recórdovos que é unha lectura obrigatoria.

Na Biblioteca do Instituto hai cinco exemplares da obra.