martes, 27 de abril de 2010

Tecnoloxía punta

Para conmemorar o Día do Libro , debédeslle botar un vistazo a este vídeo sobre o "último" en tecnoloxía.
Sapere aude!


miércoles, 21 de abril de 2010

lunes, 19 de abril de 2010

Mitoloxía 4º ESO

Aquí vamos a ir anotando as preguntas de Mitoloxía a medida que as vaiamos vendo.




1. Define mito.

2. ¿Como xorden os mitos? As orixes dos mitos.

3. Etapas da relixión grega.

4. Características xerais dos deuses.

5. ¿Como comeza a mitoloxía?

6. Correspondencias entre os nomes dos deuses gregos e os dos romanos.



7. ¿De que é deus Zeus?

8. Conta as circunstancias do seu nacemento e da súa infancia?

9. ¿Como e cando se repartiu o mundo?

10. ¿Como se representa a Zeus?

11. ¿Cales son os seus atributos?

12. ¿Quen era a súa esposa e como a "conquistou"?

13. ¿Foille fiel? Razoa a túa resposta.

14. ¿Era afortunado no amor? Razoa a túa resposta.



15. ¿De que é deusa Hera?

16. ¿Como se a representa?

17. ¿Que relación de parentesco ten con Zeus?

18. ¿Como era o seu carácter?

19. Conta a historia de Ío.

20. Cita os seus principais emblemas.



21. ¿De que era deusa Deméter?

22. ¿Cales son os seus atributos?

23. ¿Como se a representa?

24. Narra o rapto de Perséfone.



25. ¿De que é deus Apolo?

26. ¿Como se o representa?

27. Conta as circunstancias do seu nacemento.

28. Narra a súa relación con Dafne.




29. ¿De que é deusa Hestia?

30. ¿Como se a representa?

31. ¿Quen eran as vestales?



32. ¿De que era deusa Artemisa?
.
33. ¿Que favor lle pedíu ó seu pai? ¿Por qué?
.
34. ¿Cómo era o seu carácter?
.
35. Conta o seu enfrontamento con Níobe.
.
36. Relata o seu incidente con Acteón.
.
37. ¿De quen estivo namorada?
.
38. ¿Como se a representa?


-------------------------------------------------

Botádelle unha ollada a este intersante video sobre a mitoloxía grega.















www.Tu.tv

jueves, 8 de abril de 2010

Libros de Lectura 3ª Avaliación (4º ESO - B)

As tarefas que tedes que facer do libro de lectura que cada unha de vós escolleu son as seguintes:
1. Lectura da obra.
2. Confección da ficha bibliográfica.
3. Resumo da historia.
4. Caracterización física e psicolóxica dos personaxes principais.
5. Confección dunha valoración persoal, incluíndo a recomendación do libro lido.
A avaliación deste tarefa basearase na entrega por escrito do traballo na primeira semana de xuño. Por suposto, o traballo debe presentar coherencia e cohesión.

jueves, 4 de febrero de 2010

"En busca de una patria", 4º B

Como xa falamos na aula, as alumnas de latín de 4º ESO - B tedes que ler para esta II Avaliación a obra En busca de una patria (La historia de la Eneida) de Penelope Lively.

Unha vez lido, hai que respostar ás cuestións que aparecen na Guía de lectura ó final do libro (pero non ás de Personajes y Temas).

Debedes entregar as vosas respostas a través de correo electrónico o venres 12 de marzo (data tope). Recórdovos que é unha lectura obrigatoria.

Na Biblioteca do Instituto hai cinco exemplares da obra.


viernes, 29 de enero de 2010

Concurso Odisea 2010

O luns, día 1 de febreiro, comeza o concurso Odisea 2010.
Lémbrovos que do IES de Maceda hai inscritos 9 equipos, que son:
De 2º Bac.
  • ECO Y NARCISAS
  • TES UN CANGREJO NA CABEZA
De 1º Bac.
  • ZEUS E POSEIDÓN
De 4º ESO - B
  • LAS TURURURU
  • LUANLA
  • LAS WIKIS
  • VIA LACTEA
De 3º ESO - B
  • FORZA MARTE
  • MURALLAS DE TROIA

Podedes participar pinchando no seguinte enlace Odisea 2010

Moita sorte a todas/todos.

P. D.: Tedes que entrar coa vosa claves. Se a perdestes, poñédevos en contacto co profe.

jueves, 28 de enero de 2010

Plan lector, ¡coidado!

Ante a inminente posta en marcha do "plan lector" do centro, déixovos un video para que vexades as súas "nocivas" consecuencias.