miércoles, 4 de noviembre de 2009

"Ágora", unha peli didáctica

Como xa moitos sabedes o Departamento de Matemáticas organiza o próximo luns día 16 de novembro unha saída ó cine a Ourense, para ver Ágora, a tan comentada película de Alejandro Amenábar.

Posto que a temática ten que ver tamén coas nosas materias, ó estar ambientada no declive do Imperio Romano, os alumnos de clásicas poderán asistir a súa proxección.

Para ir entrando en ambiente, déixovos aquí unhas cantas cousas relacionadas coa peli.
O trailer oficial

O enlace á páxina oficial

Un enlace a un comentario da película

Un video sobre a morte de Hipatia, a protagonista, de Carl Sagan

E un video coa visión de Hipatia desde o punto de vista científico.

Espero que esta breve información vos sexa útil.

Abaixo podedes facer os comentarios que consideredes oportunos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

A ver se é interesante