martes, 10 de noviembre de 2009

Exercicio de clase 1




Clarum oppidum Asiae Troia erat. Troiani oppidum incolebant atque cum graecis pugnabant, nam graeci Troiam obsidebant. Belli causa Priami filius est, nam pulchram Graeciae feminam raptat et secum vehit. Multi dei graecos iuvabant. Multi populi deique troianos quoque iuvabant. Graeci troianique varia fortuna in latis Troiae campis strenue pugnabant. Tandem graeci Troiam dolo expugnant atque praeclaram victoriam obtinent. Viros, feminas et pueros interficiunt aut capiunt. Oppidi tecta templaque ferro flammaque impie delent.


---------------------------------------



Aquí tedes unha imaxe e un texto referidos a un acontecemento moi coñecido do mundo antigo.



Debedes responder as seguintes cuestións:



1. ¿De que feito histórico trata o texto?


2. ¿Como se titula a obra de Homero que relata ese feito?


3. ¿De que cidade se fala?


4. ¿Que outro nome recibía esa cidade?


5. ¿A que heroe lle encargaron os deuses a fundación dunha nova cidade?


6. ¿Cal é a data exacta da fundación desa nova cidade?


7. ¿Quen foi o seu fundador?


8. ¿Cal é o título da obra de Virxilio que conta a súa historia?


9. ¿En qué etapa da historia de Roma se escribiu?


10. ¿Cal é a etapa da historia de Roma que máis durou?


11. ¿De que palabras do texto se derivan: feminino, doloso, pulchritude, filial, pueril, bélico, ferruxinoso, viril, indeleble?


12. ¿Que significan esas palabras latinas?


13. Analiza gramaticalmente e traduce as frases en vermello.


14. ¿En que casos poden estar campos, oppidi, ferro e populi?


15. ¿Poderías facer unha traducción do texto, grosso modo, a grandes rasgos?




Tedes que entregar as respostas correctas a través dun correo electrónico (indicade o voso nome para saber a quen pertenece) ou nun folio.





Calificación: podedes conseguir ata 1 punto para a nota da avaliación se contestades correctamente a todas as preguntas.





No hay comentarios: