miércoles, 11 de noviembre de 2009

Exercicio de clase 2 - "Ágora"

Esta actividade é voluntaria para os alumnos de Cultura Clásica de 3º ESO, as alumnas de Latín de 4º ESO-B e os alumnos de Latín e Grego de 1º Bac.



Avaliación: quen conteste correctamente ás cuestións plantexadas obterá en 3º ESO ata 1 punto, en 4º ata 0´5 p. e en 1º Bac. ata 0´3 p. para a nota da 1ª avaliación.


Prazo e entrega de respostas: O derradeiro día para entregar as vosas respostas será o venres 11 de decembro. Poderédelo facer a través dun comentario (picade en comentarios, ó final das cuestións, e lémbrade indicar o voso nome) ou ben nun folio.












1. O título da película é Ágora. ¿Que era unha ágora no mundo antigo?


2. ¿Como se chama o medo ós espacios abertos?

3. ¿Quen fundou Alexandría, a cidade onde está ambientada a peli?

4. ¿En que país actual está situada?

5. ¿Quen foi o emperador que convertíu o cristianismo en relixión oficial do imperio romano?

6. ¿En que ano?

7. ¿En que ano cae definitivamente o imperio romano?

8. Davo é o escravo favorito de Hipatia e nun determinado momento ela libérao. ¿Como se chaman os escravos liberados?

9. En Alexandría estaba unha das sete maravillas do mundo antigo, ¿cal era?

10.¿Cales son as outras seis?

11. De todas elas, ¿cal é a única que se mantén en pé?

12. ¿E cales foron declaradas, con moita polémica, como as sete maravillas do mundo actual?

13. Arriba tes un retrato imaxinario de Hipatia, detalle dunha pintura moi conocida dun autor italiano que está enterrado en Roma no Panteón e que lle deu nome a unha das “tartarugas ninja”. ¿Cal é o título da pintura e quen é o seu autor?

14. ¿Como se chama a teoría que di que todo xira arredor do sol?

15. ¿Cal é o nome do cono que aparece na peli?

16. ¿Cales son as datas do nacemento e da morte da protagonista ?

17. Na película vemos que a causa da morte de Hipatia produciuse por asfixia. ¿Cómo foi realmente, según as testemuñas antigas?

1 comentario:

Anónimo dijo...

1. O título da película é Ágora. ¿Que era unha ágora no mundo antigo?
Era un eapazo aberto que funcionaba como plaza pública das cidades-estado gregas.
2. ¿Como se chama o medo ós espacios abertos?
Agorofobia
3. ¿Quen fundou Alexandría, a cidade onde está ambientada a peli?
Alexandro Magno
4. ¿En que país actual está situada?
Egipto
5. ¿Quen foi o emperador que convertíu o cristianismo en relixión oficial do imperio romano?
O emperador Constantino.
6. ¿En que ano?
No ano 313
7. ¿En que ano cae definitivamente o imperio romano?
Cae no ano 476
8. Davo é o escravo favorito de Hipatia e nun determinado momento ela libérao. ¿Como se chaman os escravos liberados?
Libertos
9. En Alexandría estaba unha das sete maravillas do mundo antigo, ¿cal era?
O gran faro de Alexandria
10.¿Cales son as outras seis?
1. A Gran Pirámide de Giza..
2. Os Xardins Colgantes de Babilonia partos.
3. O Templo de Artemisa
4. A Estatua de Zeus en Olimpia.
5. A Tumba del rey Mausolo .
6. O Coloso de Rodas.

11. De todas elas, ¿cal é a única que se mantén en pé?
A Gran Pirámide de Giza
12. ¿E cales foron declaradas, con moita polémica, como as sete maravillas do mundo actual?
1. A cidade de Petra
2. A Gran muralla China
3. O Tai Mahal en Agra
4. O Coliseo de Roma
5. Chichón Itza en México
6. O Machu Picchu en Perú
7. O Cristo Redentor de Río de Xaneiro
13. Arriba tes un retrato imaxinario de Hipatia, detalle dunha pintura moi conocida dun autor italiano que está enterrado en Roma no Panteón e que lle deu nome a unha das “tartarugas ninja”. ¿Cal é o título da pintura e quen é o seu autor?
O seu autor e Rafael e o título da pintura é “La escuela de Atenas”
14. ¿Como se chama a teoría que di que todo xira arredor do sol?
Teoría heleocéntrica
15. ¿Cal é o nome do cono que aparece na peli?
O cono de Apolonio
16. ¿Cales son as datas do nacemento e da morte da protagonista ?
Naceu no século IV, no 370 e morreu no 420
17. Na película vemos que a causa da morte de Hipatia produciuse por asfixia. ¿Cómo foi realmente, según as testemuñas antigas?
Según as testemuñas foi golpeada con pedras ata ser descuartizada.




Miguel Fernandes Dias